Publicador de contidos
Publicador de contidos

Derrota das 'Guerreiras' na volta de Alicia Fernández

Derrota das 'Guerreiras' na volta de Alicia Fernández

A central de Valdoviño regresaba ao equipo tras sufrir unha rotura de fibras

Países Baixos logrou impoñerse por un resultado de 29-24

Fonte: EFE
G24.gal 30/07/2024 14:38

Alicia Fernández volvía ás pistas para axudar a reverter a situación da selección española feminina de balonmán. A xogadora natural de Valdoviño sufrira unha rotura de fibras no seu xemelgo dereito, apartándoa da cancha as últimas tres semanas e impedíndolle xogar os dous primeiros partidos.

Baixo a dirección da central galega, a selección española saíu decidida pola vitoria. España vencía 1-4 aos cinco minutos de comezar o encontro, esquecendo o mal xogo dos anteriores partidos. Países Baixos reaccionou, pero os goles de Jennifer Gutiérrez e Paula Arcos impediron ás neerlandesas despegarse no electrónico. 

A diferenza medrou tras a volta de vestirarios. Do 14-12 a prol de Países Baixos pasouse ao 19-12. A boa actuación da porteira Merche Castellanos non foi suficiente para frear a ofensiva rival. Finalmente, a vitoria caería do lado neerlandés, derrotando ás 'Guerreiras' por 29-24.

A pesar de non anotar, Alicia Fernández deixou boas sensacións. Especialmente na primeira metade, onde axudou a España a manterse no encontro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade