Publicador de contidos
Publicador de contidos

Suspendido o xuízo a Baltar pola folga da Administración de Xustiza e sen nova data

Suspendido o xuízo a Baltar pola folga da Administración de Xustiza e sen nova data

Baltar estaba citado hoxe a declarar nos xulgados de Zamora

A Fiscalía pediu para el 1.800 euros de sanción penal e un ano e un día de retirada do carné de conducir

O presidente da Deputación ourensá pode declarar presencial ou telematicamente O presidente da Deputación ourensá pode declarar presencial ou telematicamente
G24.gal 31/05/2023 08:50 Última actualización 31/05/2023 10:35

O xuízo previsto para este 31 de maio ao que tiña que enfrontarse o presidente provincial do PP e da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, suspendeuse pola folga de funcionarios da Administración de Xustiza, segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León. 

Polo momento, segundo estas mesmas fontes, non se sinalou ningunha outra nova data para celebrar esa vista oral.

Baltar está investigado por un presunto delito contra a seguridade viaria, ao ser detectado a 215 quilómetros por hora no seu coche oficial o pasado 23 de abril pola autovía A-52, na provincia de Zamora, á altura da vila de Asturianos.

A Fiscalía pediu para el 1.800 euros de sanción penal e un ano e un día de retirada do carné de conducir, que se suman aos 600 euros de sanción e á retirada doutros seis puntos do permiso que a Dirección Xeral de Tráfico xa lle impuxo pola vía administrativa.

A comparecencia poderá ser presencial ou telemática. Na primeira ocasión, cando se realizou un xuízo rápido por esta causa nos Xulgados da Pobra de Seabra, non houbo acordo de conformidade e Baltar rexeitara a pena que pedía a Fiscalía: tanto a retirada do carné como a multa económica. Deste xeito o caso pasaba ao Xulgado do Penal de Zamora, onde debía celebrarse a vista este martes.

Dáse a circunstancia de que esa mesma xornada do 23 de abril, preto dunha hora antes, outro radar detectou o coche oficial do presidente da Deputación de Ourense circulando por esa mesma autovía a 173 quilómetros hora á altura de Allariz, o que implica outra sanción administrativa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade