Baralla conserva unha das tabernas en activo máis antigas de España
Baralla conserva unha das tabernas en activo máis antigas de España
Inocencio Álvarez, de 92 anos, atende a cantina que tamén é estanco e ultramarinos
Unha das cantinas en activo máis antigas de España está en Baralla, na parroquia de Penarrubia. Chámase O Taberneiro e aparece recollida como estanco no catastro do Marqués da Ensenada de 1753.
Detrás do mostrador está Inocencio Álvarez, un home de 90 anos que só abandonou o seu local durante tres meses para cumprir co servizo militar. Aquí naceu e esta foi a herdanza que recibiu do seu pai e do seu avó, e así por moitas xeracións, xa que nunca cambiou de donos.
Esta mestura de estanco, ultramarinos e bar ten un aquel senlleiro que atrae moita clientela, sobre todo, polas tardes. Inocencio axúdase da familia para atender o negocio. Os fillos e as netas sempre andan ao seu carón.
No lugar, lembran a cantina dende a nenez. Mesmo as familias que emigraron, cando volven a Penarrubia, sempre se xuntan no Taberneiro. Agora saben, grazas a uns investigadores veciños, que é unha das tascas máis antigas de España.