Cargando resultados...
Barcelona volve celebrar con normalidade o día de Sant Jordi
Barcelona volve celebrar con normalidade o día de Sant Jordi
G24.gal
23/04/2022 19:46
Os libros e as rosas volveron ocupar as rúas da Barcelona no día de Sant Jordi. A edición deste ano, a primeira que se celebra con normalidade desde o comezo da pandemia, estivo marcada por unha masiva afluencia de público.
Unha intensa saraibada complicou ao mediodía por momentos a celebración e mesmo esnaquizou varios dos postos na rúa. A situación sorprendeu a libreiros, floristas e lectores.
A principal novidade foi a estrea da súper mazá literaria peonil, un perímetro de 14 mil metros cadrados formado por algunhas das principais avenidas da cidade. Máis de 300 postos de libros e 170 autores participaron nesta edición do Sant Jordi.