Publicador de contidos
Publicador de contidos

Batalla campal nun partido de veteranos en Meicende

Batalla campal nun partido de veteranos en Meicende

Un xogador acabou coa mandíbula rota

Os implicados poderían ser sancionados ata tres meses

G24.gal 19/02/2024 14:30

Puñadas, patadas na cabeza e ata patadas voadoras.... este foi o vergoñento espectáculo que se viu este domingo no estadio municipal de Meicende, en Arteixo. 

Diego Batalla, secretario xeral da Federación Galega de Fútbol, explica que os implicados na liorta foron catro ou cinco xogadores do Campanal de Loureda e do Silva, dous equipos da Terceira Galicia de veteranos.

Un dos xogadores acabou co queixo roto e outro cunha forte contusión no pescozo. Tanto o Campanal de Louredo coma o Silva condenaron o acontecido e avanzaron que abrirán expedientes sancionadores aos que protagonizaron esta liorta. Dende a Federación Galega de Fútbol din que son feitos moi graves contrarios aos valores do fútbol.

Agora a pelota está no tellado do Comité de Competición. Este mércores reúnese para impoñer aos xogadores implicados na pelexa as sancións correspondentes. Dende a Federación Galega de Fútbol din que co regulamento na man as sancións poden oscilar entre os catro e os doce partidos ou a inhabilitación durante tres meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade