Baxi Ferrol e Ensino mídense no derbi feminino da G2 (19:00 h)

As visitantes contan cunha vitoria máis nesta temporada

G24.gal 09/12/2023 14:44

Volve a emoción da liga feminina Endesa á televisión de Galicia. Volve co derbi da Malata entre o Baxi Ferrol e o Duran Maquinaria Ensino. As de Lino López, con catro triunfos e 6 derrotas, non queren repetir os erros do segundo cuarto en Xirona.

O rival das ferrolás anda na procura do sexto triunfo e pensa que xogar a próxima Copa da Raíña é posible. Máis tendo en conta que a incorporación de Banca Millán pode ser decisiva en ataque. 18 puntos no seu regreso.

Atentos pois ao rendemento de Millán ou a Gala Mestres, entroutras protagonistas deste atractivo derbi que poderán seguir na G2 a partires das sete da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos