Publicador de contidos
Publicador de contidos

A astrofísica Begoña Vila reclama apoio para as mulleres que optan polas carreiras de ciencias

A astrofísica Begoña Vila reclama apoio para as mulleres que optan polas carreiras de ciencias

No Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, Vila cre que queda moito por facer

Esta astrofísica galega é unha das responsables do telescopio James Webb da NASA

Begoña Vila, no Bos Días da Galega
G24.gal 11/02/2023 14:19 Última actualización 11/02/2023 14:51

No Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha das responsables do telescopio James Webb da NASA, a galega Begoña Vila, asegura que ainda queda moito por facer para conseguir a igualdade. Esta astrofísica e enxeñeira cre que a solución pasa pola perseverencia das propias mulleres científicas e polo apoio de toda a sociedade.

Esta astrofísica da NASA conta que cando era pequena lle gustaba moito mirar o ceo de Vigo. Despois soubo que había unha carreria chamada Astrofísica, onde a penas había mulleres.

"Daquela sería un cinco por cento. Eu tiven algunhas profesoras que me animaron, pero na miña profesión, moi a miúdo, eu era a única muller nunha reunión de homes, entón, tiñas que seguir adiante, agora mellorou un pouquiño"

Hoxe só o 30 por cento das prazas en carreiras relacionadas coa ciencia ou a tecnoloxía están ocupadas por mulleres, o que supón un terzo da comunidade científica. Begoña Vila, nai de tres fillos, cre que a maternidade aínda deixa moitas no camiño.

 "Pero hai que mirar ao futuro, cando os nenos son pequenos ti es só súa nai ou seu pai pero cando medran, e eu xa teño experiencia niso, xa te miran distinto, xa te miran como unha persoa e creo que si que teñen un pouco de orgullo"

Valora os avances na conciliación pero asegura que aínda queda moito por facer. Anima as nenas e as mulleres que optan pola ciencia e a tecnoloxía a perseverar e a sociedade, a apoialas.

 "Perseverar, tomar un pequeno descanso e seguir para diante porque a longo prazo cando miredes para atrás, a satisfacción, se fixestes o que queriades, é moi importante. Entón, moito ánimo, para adiante; porque elas serán as referentes das súas fillas e das súas irmás e das mulleres que veñan detrás."

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade