Publicador de contidos
Publicador de contidos

Begoña Vázquez, única muller en gañar o Premio Cociñeiro Galego 2024

Begoña Vázquez, única muller en gañar o Premio Cociñeiro Galego 2024

A cociñeira de Verín defende un rural vivo e o produto de proximidade

G24.gal 16/04/2024 14:11

Begoña Vázquez, do restaurante Regueiro da Cova de Verín, converteuse emocionada na primeira muller en levar o Premio Cociñeiro Galego do Fórum Gastronómico nesta última edición. Entre fogóns dende os 17 anos, ás mulleres que cociñan sen recoñecemento dedicoulles o galardón.

Aposta por produto de calidade de pequenos agricultores e gandeiros da contorna. Teñen horta propia e a carne sempre de razas autóctonas.

Porque, di, sen un rural vivo as cidades non poderían comer e a sustentabilidade pasa por consumir produto de proximidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar