Publicador de contidos
Publicador de contidos

Belarra admite que "non se entende" o xiro do Goberno sobre o Sáhara

Belarra admite que "non se entende" o xiro do Goberno sobre o Sáhara

O PP reclamalle ao executivo que rectifique

Antón Montero 24/03/2022 21:29

As explicacións do ministro de Exteriores sobre a nova postura do Goberno sobre o Sáhara non convencen un dos socios de Goberno. Contra o que dixo onte José Manuel Albares, Unidas Podemos si cre que houbo un xiro na posición española.

Ione Belarra secretaria xeral da formación morada cre que "é evidente que si se produciu un xiro que moi pouca xente entende. Nós reafirmamos o noso compromiso co dereito á autodeterminación do pobo saharauí".

Desde o Partido Popular cualifican a decisión do executivo de "temerario e unilateral" e ínstano a rectificar.

"O que quedou claro é que o Partido Socialista non ten o apoio do resto de partidos políticos. Teñen que rectificar, teñen que pedirlle desculpas a toda esta cámara", dixo a voceira popular Cuca Gamarra.

ERC e Bildu queren que os grupos se "retraten" sobre o Sáhara

Esquerra Republicana e Bildu presentaron no Congreso unha iniciativa a favor do referendo de autodeterminación no Sáhara Occidental. A proposición expresa o seu apoio á posición de Nacións Unidas.

Con ela, os seus promotores pretenden que todos os grupos se retraten despois tras o xiro do Goberno a favor da autonomía que defende Marrocos. A intención é que a iniciativa se vote o 5 de abril, tras a visita do ministro de Asuntos Exteriores a Rabat.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade