Sumar e Podemos asinan o acordo para ir en coalición ás eleccións do 23 de xullo
Sumar e Podemos asinan o acordo para ir en coalición ás eleccións do 23 de xullo
Podemos pide a Yolanda Díaz que non vete a Irene Montero
O PSOE insta a Sumar a pechar as negociacións; o PP cre que Sánchez quere "enxendrar Frankestein 2"
A secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra, anunciou que Podemos concorrerá ás eleccións xerais do 23 de xullo coa coalición de Sumar. "Esa decisión está tomada", afirmou.
Belarra fixo este anuncio despois de concluír unha votación interna en Podemos, en que a militancia deu o aval á dirección para ter plenos poderes nas negociacións con Sumar e decidir se incorporarse ou non á coalición de Yolanda Díaz.
A pesar de que Belarra aseguraba con rotundidade que habería acordo para concorrer na mesma candidatura ás eleccións, tamén aseguraba que "desde o equipo negociador de Yolanda Díaz", se lles trasladara que "a presenza de Irene Montero" na candidatura "é un obstáculo" para alcanzar ese acordo de unidade.
A secretaria xeral de Podemos tamén alertou que Podemos corre o perigo de non obter representación no Congreso na próxima lexislatura: "É algo que nos parece inxusto", afirmou.
Por iso pediu un "acordo xusto" e seguir negociando porque non aceptan o veto á súa número dous.
Belarra tamén dixo que agarda que non ter que agardar ata o último minuto para conseguir o acordo, para concluír que considera "absolutamente fundamental o respecto aos interlocutores".
Desde Sumar aseguran que Podemos estará amplamente representado e rexeitan unha negociación ata o último minuto. Pero ata entón quedan dez días: o que hoxe remata é o prazo para rexistrar a coalición, pero non para presentar as listas. Con todo, o encaixe co resto dos socios non parece doado: por exemplo, Más Madrid xa pactou cos de Yolanda Díaz ocupar 4 dos 10 primeiros postos por esa comunidade, incluído o número 4 para Íñigo Errejón, que presumiblemente iría por diante do primeiro nome de Podemos. As cúpulas de Izquierda Unida ou Compromís tamén ratificaron a súa integración en Sumar.
Sumar rexistra esta tarde a coalición tras integrar a Podemos
Sumar rexistra esta tarde a coalición electoral sen esgotar o prazo límite previsto -ás 23:59 horas deste venres- unha vez que Podemos asegurou que a decisión de estar nela "está tomada", informaron a EFE fontes do equipo de Yolanda Díaz.
Desde Sumar aseguran que Podemos estará amplamente representado e rexeitan unha negociación ata o último minuto.
O que hoxe remata é o prazo para rexistrar a coalición, pero non para presentar as listas, que acaba dentro de 10 días.
O encaixe co resto dos socios non parece doado: por exemplo, Más Madrid xa pactou cos de Yolanda Díaz ocupar 4 dos 10 primeiros postos por esa comunidade, incluído o número 4 para Íñigo Errejón, que presumiblemente iría por diante do primeiro nome de Podemos. As cúpulas de Izquierda Unida ou Compromís tamén ratificaron a súa integración en Sumar.
A cara de Yolanda Díaz estará nas papeletas de Sumar
As papeletas electorais de Sumar para os comicios xerais do 23 de xullo levarán a imaxe coa cara da súa candidata á presidencia do Goberno e líder da coalición, Yolanda Díaz.
Así o confirmaron a EFE fontes do equipo da vicepresidenta segunda tras adoptar a decisión no proceso de negociación que emprendeu con diversas forzas políticas para conformar a coalición de esquerdas.
Esta estratexia é a que xa utilizaron no seu día en Podemos cando imprimiron a fotografía de Pablo Iglesias nas eleccións europeas de 2014, as primeiras ás que concorreu a formación violeta, e que supuxeron a súa irrupción nas institucións e no panorama político.