Cargando resultados...
Iberdrola alcanza un beneficio récord: 5.500 millóns de euros
Iberdrola alcanza un beneficio récord: 5.500 millóns de euros
Incrementa o seu beneficio neto nun 50 % con respecto ao ano pasado
G24.gal
23/10/2024 12:39
Iberdrola, a compañía enerxética, incrementa o seu beneficio neto nun 50 % con respecto ao ano pasado. Son preto de 5.500 millóns de euros.
Ignacio Sánchez Galán, presidente de Iberdrola sinala que están "en máximos de capitalización, cerca de 90.000 millóns de euros, moi por riba da suma de todas as demais enerxéticas que cotizan na bolsa española xuntas. Acadamos un beneficio de 5471 millóns de euros. Beneficio récord".