Beqa Burjanadze, a terceira renovación do Leyma Coruña
Beqa Burjanadze, a terceira renovación do Leyma Coruña
O xeorxiano ten unha ampla experiencia na ACB e será fundamental na estrea coruñesa
O Leyma Coruña segue anunciando renovación para a estrea na ACB deste temporada. Os alicerces do ascenso continúan no cadro de xogadores e logo das anunciadas de Lindqvist e Diagné, tocoulle agora ao xeorxiano Beqa Burjanadze. O ala é un xogador moi experimentado (30 anos) cunha boa bagaxe en equipos da Liga ACB (Andorra, Guipúscoa, Gran Canaria e Betis).
O ano pasado volveu para xogar en Coruña, unha praza na que estivera moi cómodo noutra época e que o catapultara á elite do baloncesto español. Doutra volta volveu render dun xeito moi fiable e gañou a renovación por parte da secretaría técnica. Burjanadze asinou 22 minutos por partido con 9,2 puntos e 4,9 rebotes. A súa versatilidade convérteo nunha peza fundamental para a vindeira campaña.