Besteiro avisa que Galicia necesita "dun presidente" para aproveitar a "oportunidade" en financiamento
Besteiro avisa que Galicia necesita "dun presidente" para aproveitar a "oportunidade" en financiamento
Besteiro avisa que Galicia necesita "dun presidente" para aproveitar a "oportunidade" en financiamento
O líder do PSdeG reprochoulle ao presidente da Xunta que non falase co presidente do Goberno das "necesidades singulares de Galicia"
Rueda acusa a Besteiro de constantes cambios de opinión e de actuar ao ditado de Madrid: "Quo vadis, Partido Socialista?"
O xefe de filas e portavoz parlamentario do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, avisou o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, de que Galicia necesita de "un presidente da Xunta para aproveitar as oportunidades que se abren en materia de financiamento e non só dun gobernante que siga "o que manda Alberto Núñez Feijóo desde Madrid".
En resposta á comparecencia de Rueda na cámara galega, Besteiro reprochou o titular do Goberno galego as cifras que sinalan que "Galicia é a comunidade onde máis soben os prezos".
Así mesmo, referiuse á débeda en Galicia e trasladoulle que "se hoxe se quixese pagar toda", teríase que "usar o orzamento dun ano completo" para facerlle fronte. Un contexto no que lle afeou que non se acolla á medida de condonación da débeda "impulsada polos socialistas".
"Galicia pode aproveitarse, pero vostede prefire que sigamos pagando", afeou para reprocharlle tamén que non sexa capaz de falar co presidente do Goberno das "necesidades singulares de Galicia. "Todo os presidentes están a falar nos encontros bilaterais. Se cadra a vostede non llo contan, pero a realidade é esa", respondeulle.
Tras sinalar que o PSdeG defende a reforma do modelo de financiamento e que se teña en conta a singularidade de Galicia, asegurou que "a oportunidade que se abre agora cun goberno que ofrece máis fondos ás comunidades autónomas necesita dun presidente da Xunta que pense en Galicia e non no que lle manda Alberto Núñez Feijóo desde Madrid".
Ademais, Besteiro reprochoulle a Rueda a baixa execución dos fondos europeos e criticou tamén a Xunta trate de "boicotear e torpedear" a aplicación da lei de vivenda. "Rectifique e fáganos caso para afrontar un problema ou quizais cheguemos tarde, porque non nos podemos demorar máis", dixo.
"Seguimos esperando a que vostede exerza verdadeiramente de presidente e non teña que esperar a que alguén lle mande o que ten que facer", finalizou.
Rueda a Besteiro: "Quo vadis, Partido Socialista?"
Na quenda de réplica, o presidente da Xunta acusou o voceiro socialista de facer o que "alguén" lle diga, xa que puxo en dúbida que sexa Pedro Sánchez quen se dirixa a Besteiro: "Non sei se teñen unha relación moi fluída, non me deu esa impresión cando estiven con el". Rueda engadiu que "deben de estar un pouco despistados cos seus cambios de opinión [...]. É difícil seguilo e así é difícil crelo; 'Quo vadis, Partido Socialista?', dicíao o señor Alberto Pazos".
O xefe do Goberno galego negou as críticas do líder do PSdeG en materia de emprego, eólicos, vivenda e gasto social. "Un escenario que non é verdade", aseverou. Precisamente, en materia de política social, animouno a pedir os 2.500 millóns que, segundo Alfonso Rueda, lle debe o Estado a Galicia nesa materia. "Vai reclamar vostede iso?".