Publicador de contidos
Publicador de contidos

Besteiro di que a prioridade é que Sánchez forme goberno, e non as primarias

Besteiro di que a prioridade é que Sánchez forme goberno, e non as primarias

O deputado do PSdeG-PSOE por Lugo segue sen confirmar se, chegado o momento, aspirará a presidir a Xunta

G24.gal 02/10/2023 20:58 Última actualización 02/10/2023 21:11

José Ramón Gómez Besteiro falou das primarias socialistas no programa desta casa Conexión Galicia. O deputado dixo que, chegado o momento, podería presentarse, coma calquera militante, e sinalou que no partido hai moita xente preparada para ese posto.

Besteiro, aínda que intúe que as eleccións galegas acabarán adiantándose, insiste en que a prioridade agora é formar un goberno progresista para os anos vindeiros, e xa chegarán despois as primarias en Galicia e noutros territorios que tamén as adiaron polo mesmo motivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade