Publicador de contidos
Publicador de contidos

Betanzos celebra esta fin de semana a súa Feira Franca Medieval

Betanzos celebra esta fin de semana a súa Feira Franca Medieval

Declarada de Interese Turístico de Galicia, atrae cada ano multitude de visitantes

G24.gal 07/07/2023 21:52 Última actualización 08/07/2023 08:39

Convertida en mercado medieval a zona histórica de Betanzos é un continuo rebulir de xente nos postos de artesanía. 

Polas rúas cabaleiros, doncelas, campesiñado... unha viaxe a unha época na que betanceiras e betanceiros tiveron un papel significativo na historia galega.

Declarada de Interese Turístico de Galicia, a Feira Franca de Betanzos segue a atraer cada ano numerosos turistas e visitantes. 

A fin de semana haberá recreacións históricas, obradoiros de oficios tradicionais, exposicións e, por suposto, música.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos