Publicador de contidos
Publicador de contidos

O globo de papel máis grande do mundo sobrevoa por fin con éxito a vila de Betanzos

O globo de papel máis grande do mundo sobrevoa por fin con éxito a vila de Betanzos

Este xoves tamén se celebrou un dos días grandes das festas coa primeira xira dos Caneiros

Había 55 anos que non coincidía a saída do globo cos Caneiros

G24.gal 18/08/2022 22:39 Última actualización 19/08/2022 09:28

Betanzos viviu na noite deste xoves o lanzamento do seu globo xunto coa celebración dos Caneiros. Unha coincidencia que non se producía desde hai 55 anos.

Por fin o globo de papel máis grande do mundo puido saír para ledicia dos asistentes, logo de que o pasado martes, día de San Roque, tivera que ser aprazado por mor da chuvia e o vento. O bo tempo de hoxe permitiu que despois de dous sen facelo debido á pandemia, o globo sobrevoase a vila cara o ceo.

Tamén volven os Caneiros. O ano pasado por mor das restricións da pandemia só unhas poucas barcas se botaron ao río. Desta volta a imaxe é ben diferente. 

Ao longo do día as embarcacións engalanadas para a ocasión van remontando o río Mandeo. En grupos de amigos ou en familia, os romeiros comparten mantel e mesa, xantar e cea, e sempre acompañados de música e moita troula. 

Hai quen fai o camiño a pé río arriba ata o Campo dos Caneiros, centro neurálxico da romaría. Unha tradición centenaria que os betanceiros e betanceiras se encargan de manter moi viva. 

Se non tiveron ocasión aínda queda unha segunda oportunidade para desfrutar dos Caneiros o vindeiro xoves día 25.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos