Biblioterapia para mulleres da man da poeta Branca Novoneyra
Biblioterapia para mulleres da man da poeta Branca Novoneyra
A través da lectura compartida de diferentes textos, varias mulleres debateron e reflexionaron sobre temas actuais, desde o ecoloxismo e o feminismo
Colaborou o espazo Bela Furtiva, en Compostela
A través da lectura compartida de diferentes textos varias mulleres, coordinadas pola poeta Branca Novoneyra, debatiron e reflexionaron en Compostela sobre temas actuais, desde o ecoloxismo e o feminismo.
É unha sesión de biblioterapia, que vén desde a Fundación Uxío Novoneyra, no Courel, ata Santiago de Compostela, unha inciativa para mulleres que chega dan man da escritora Branca Novoneyra.
"Lemos textos tanto en verso como en prosa. Levamos tres anos desenvolvendo este ciclo que normalmente é unha escola de verán no Courel na Fundación que foi a casa natal do poeta Uxío Novoneyra, onde convocamos mulleres de toda Galicia que pasen tres días lendo diferentes temas, desde o ecoloxismo e desde o feminismo temas que consideramos de actualidade e de interese", di a poeta Branca Novoneyra.
Realizan unha lectura conxunta, en voz alta, unha lectura común. Cada participante le un fragmento, abrindo despois un espazo para reflexionar, un debate común sobre os textos escollidos.
Na empresa Bela Furtiva, en Santiago, programan e colaboran con actividades culturais coma esta.
"Nós esperamos que se cree un espazo máxico entre todas, cremos que imos lograr espertar unha chispa nas mulleres que veñan, incluso algo que non coñecían de si mesmas", destaca Xema Varela, deseñadora e directora da empresa Bela Furtiva.
"Desde a Fundación nos interesa desenvolver un proxecto de biblioterapia relacionada con mulleres para ler literatura de mulleres e para pensar procesos que teñen que ver coa crítica, coa igualdade e en neste caso coas diversidades", engade Branca Novoneyra.