Os sete etarras condenados por asasinatos renuncian a ser concelleiros se saen elixidos
Os sete etarras condenados por asasinatos renuncian a ser concelleiros se saen elixidos
Comprométense a non tomar posesión do cargo se resultan elixidos para "contribuír á convivencia e á paz"
Os sete candidatos de EH Bildu que foron condenados por delitos se sangue renuncian a concorrer ás eleccións e non asumirán, en ningún caso, as concellerías nos municipios tras os comicios do próximo 28 de maio.
Son José Antonio Torre Altonaga, Asier Uribarri Benito, Lander Maruri Basagoiti, Begoña Uzkudun Etxenagusia, José Ramón Rojo González, Juan Carlos Arriaga Martínez e Agustín Muiños Díaz.
Os candidatos, condenados no seu día pola Audiencia Nacional, comprométense a non tomar posesión do cargo se resultan elixidos porque queren, din, "contribuír á convivencia e á paz". Explican que con esta decisión queren dirixirse "en primeiro lugar ás vítimas da ETA e a todas as persoas que sufriron neste conflicto" para que as súas palabras ou accións non engadan "máis padecemento ao existente".
Forman parte dos 44 condenados da ETA que a formación abertzale incluíu nas listas para o 28 de maio. Estos sete exmembros da ETA remitiron un texto conxunto ao portal Naiz explicando que "retiran as súas candidaturas na medida do posible", xa que están "totalmente oficializadas".
O Colectivo de Vítimas do Terrorismo (Covite) denunciou que 44 integrantes das candidaturas de EH Bildu en Euskadi e Navarra foran condenados por pertenenza e colaboración coa ETA, entre eles estos sete por asasinato. Esta denuncia marcou toda a campaña electoral e foi desbotada polo resto de partidos con críticas directas do presidente do Goberno, Pedro Sánchez e do lehendakari, Iñigo Urkullu.
A Fiscalía tamén está estudando unha denuncia de Dignidade e Xustiza pola presenza destes candidatos.
Declaracións de Otegi
O impacto das candidaturas de Bildu con 44 etarras para as eleccións do 28-M removeu toda España, especialmente o País Vasco. Arnaldo Otegi viuse case obrigado a anunciar unha rectificación coa retirada das súas listas dos 7 etarras que están condenados por asasinatos, aínda que só un deles podía ser elixido.
Otegi reafirmou este martes o compromiso de Bildu coa declaración do 18 de outubro e coas "vías pacíficas e democráticas" para seguir "aspirando a un futuro de paz e liberdade para o pobo vasco".
"Para que non quede dúbida, afirmamos que os nosos case 4.500 candidatos e candidatas, todos eles cos seus dereitos civís e políticos en vigor suscriben o compromiso de Bildu coas vías exclusivamente pacíficas e democráticas, e todos suscriben en toda a súa integridade e literalidade a súa declaración do 18 de outubro coa vontade sincera de pechar feridas. Finalmente a nosa total confianza saberá interpretar os pasos e compromisos reais para superar o enfrontamento anterior e aspirar a un futuro de paz e liberdade para o pobo vasco".
Arnaldo Otegi tamén cualificou de inaceptable "a campaña de acoso e derruba por parte dalgúns sectores da ultradereita española e aos que sumaron outras forzas "irresponsablemente para crear un lameiro en que chapuzar por meros intereses políticos e electorais".
A modo de "asunción de responsabilidades", admitiu que EH Bildu debeu evitar que se puidese xerar esta "campaña que causa desacougo" aos sectores políticos que apostan pola normalización de Euskadi.
Otegi leu unha declaración da Mesa Política de EH Bildu acompañado polo secretario xeral de Sortu, Arkaitz Rodríguez, e dos voceiros oficiais Unai Urruzuno e Bakartxo Ruiz.
Reacción do Goberno
Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, Isabel Rodríguez lembrou a "posición firme e rotunda" do Executivo sobre esta renuncia dos 7 candidatos.
"O que non vai facer o Goberno en ningún caso é instrumentalizar a dor das vítimas, nin dentro nin fóra da campaña electoral", defendeu Rodríguez.
A voceira do Goberno tamén salientou que con este anuncio de Bildu as vítimas son as que gañan e aproveitou para lembrar que a democracia xa derrotou a ETA hai máis dunha década.
"Hai que facerse cargo do respecto ás vítimas e recoñecer a súa dor. Isto nunca tería que pasar. Sen dúbida algunha hoxe gaaron as vítimas. A democracia hai xa 12 anos que derrotou a ETA. E nós nunca imos instrumentalizar a dor das vítimas", insistiu a voceira do Goberno.
Reacción do Colectivo de Vítimas do Terrorismo
O Colectivo de Vítimas do Terrorismo valorou positivamente a noticia de BIldu e dixeron "alegrase de que o seu traballo servira para apartar a varios asasinos da vida pública”.
"Isto é unha vitoria, pero non da democracia, se non dunha modesta asociación de vítimas como COVITE que denunciou esta inmoralidade”, reivindicou Consuelo Ordóñez, a presidenta do Colectivo de Vítimas.
Nos alegramos mucho de que nuestro trabajo haya servido para apartar a asesinos de la vida pública.
— COVITE (@CovitePV) May 16, 2023
Es una victoria, pero no de la democracia, sino de una modesta asociación de víctimas como COVITE, que fue quien denunció esta inmoralidad.https://t.co/EOBGDVl6BG pic.twitter.com/OWa62HPHHG
Outras reaccións políticas
O socio minoritario da coalición, Pablo Echenique, voceiro de Unidas Podemos no Congreso dixo que "é un paso importante que se distingue do que está facendo a dereita".
Para o Partido Popular, o comunicado de renuncia non é suficiente. Alberto Núñez Feijóo insta os sete candidatos de EH Bildu a que "nas vindeiras horas comparezan na Xunta Electoral e, por escrito, renuncien ás actas para que isto non sexa un engano máis". Pide, ademais, que desaparezan das listas de Bildu os outros 37 candidatos condenados por terrorismo.
En clave vasca, o voceiro do PNV no Congreso, Aitor Esteban, cre que o xesto é positivo, pero que "facelo neste momento responde a un cálculo electoralista máis que ao que debería ser unha reflexión ética".