Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bo inicio de Manu Ochoa, cun décimo posto

Bo inicio de Manu Ochoa, cun décimo posto

O tomiñés acadou unha boa posición na contra o reloxo e pasa de rolda

O español fixo o seu descenso en caiac cros en 68.66

Manu Ochoa, nunha competición. Manu Ochoa, nunha competición.
G24.gal 02/08/2024 16:57

Bo comezo para Manu Ochoa en Francia. O seu debut olímpico rematou cun décimo posto que fai que pase de rolda sen maiores complicacións. O tomiñés encarou valente a contra o reloxo e fixo un tempo de 68.66 que lle permitiu poñerse no top 10.

É só o principio do camiño para Ochoa, que ten máis probas en vindeiros días para poder chegar a competir na gran final, que será o vindeiro luns. O obxectivo do tomiñés non é outro que o de loitar polas medallas.

Boas sensacións para el, e tamén para o seu compañeiro Miquel Trave, que quedou un posto por detrás e segue na loita. O acerto nas seguintes probas definirá a súa sorte. Pero as opcións están aí, e poden acadar dúas novas medallas para España o día 5.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos