Publicador de contidos

Publicador de contidos

Boa resposta nos mercados no inicio da campaña marisqueira na ría de Noia

Boa resposta nos mercados no inicio da campaña marisqueira na ría de Noia

A campaña durará ata Semana Santa

Reducen os topes da captura para non saturar o mercado

Marta González Salve 15/02/2022 14:21

Preto de 1.500 mariscadores de a pé e en embarcación retomaron a actividade nas concesións da ría de Noia.

O adiamento forma parte dunha estratexia coa que desde a confraría buscan acadar mellores prezos que compensen a campaña do Nadal. 

Con este obxectivo baixaron tamén os topes de captura que quedan en 4 quilos de berberecho para mariscadores de a pé e 7 para os de en embarcación. 

A sorpresa saltou onte nos mercados onde o berberecho de primeira roldou os 23 euros. 

En total foron 7.878 quilos de berberecho os que chegaron á lonxa na primeira xornada da campaña cun valor de preto de 50.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade