Algúns aloxamentos da Mariña colgan o cartel de completo para o verán
Algúns aloxamentos da Mariña colgan o cartel de completo para o verán
O sector amósase optimista e confirma un ritmo positivo nas reservas
Segundo un estudo publicado pola Universitat Oberta de Catalunya, as boas cifras de visitantes que houbo na Semana Santa fan prever unha tendencia continuísta para este verán, algo que confirman as previsións hoteleiras en moitos puntos da costa galega.
Na Mariña, algúns aloxamentos xa colgaron o cartel de completo. Nun dos hoteis históricos de Foz, aberto desde hai 75 anos, manexan boas cifras de ocupación.
Noutro dos establecementos clásicos da vila teñen a mesma boa sensación con vistas aos vindeiros meses. De feito, os apartamentos turísticos que xestionan están reservados ao cento por cento.
A covid modificou os hábitos e cada vez están máis demandados os destinos sen masificar. Por iso, A Mariña e outros puntos de Galicia teñen moito que ofrecer.