Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bolaños non comparte os argumentos do Supremo para non amnistiar a malversación

Bolaños non comparte os argumentos do Supremo para non amnistiar a malversación

O ministro da Presidencia subliña que a lei de amnistía "está a aplicarse con normalidade" e que xa son máis de 70 os beneficiados pola norma

O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, na inauguración do curso de verán 'Políticas públicas fronte á desigualdade', dentro dos Cursos de Verán de San Lorenzo do Escorial (Marta Fernández / Europa Press) O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, na inauguración do curso de verán 'Políticas públicas fronte á desigualdade', dentro dos Cursos de Verán de San Lorenzo do Escorial (Marta Fernández / Europa Press)
G24.gal 03/07/2024 11:33

O ministro de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños, asegurou este mércores que, aínda que respecta a decisión do Tribunal Supremo de non amnistiar a malversación do procés, non comparte "nin os argumentos políticos nin os argumentos xurídicos que conteñen os autos" dos maxistrados.

Así se pronunciou en declaracións á prensa no marco da inauguración do curso de verán 'Políticas públicas fronte á desigualdade', da Fundación Pablo Iglesias e a Universidade Complutense de Madrid.

Bolaños incidiu en que a lei de amnistía "está a aplicarse con normalidade". "De feito, xa hai máis de 70 persoas que foron amnistiadas", sinalou. Ao fío, enviou unha mensaxe á sociedade catalá e "española no seu conxunto": "A normalización en Cataluña é un feito e é imparable".

Así, o ministro incidiu en que "España é un Estado de Dereito" e ten "un sistema garantista de recursos para protexer precisamente os dereitos dos cidadáns e tamén para garantir que a lei se aplica".

Bolaños insistiu en que desde o Goberno respectan as resolucións xudiciais. "Cousa distinta é que, obviamente, en ocasións discrepemos dos argumentos xurídicos e políticos que pode conter unha resolución, pero iso sempre vai detrás do respecto que mostramos sempre a calquera resolución xudicial", manifestou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade