Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bolaños xustifica a reforma da lei do 'só si é si' polo clamor social

Bolaños xustifica a reforma da lei do 'só si é si' polo clamor social

Victoria Rosell maniféstase contra a reforma e admite que durante a tramitación da Lei de igualdade sabía que se podían producir rebaixas de penas

G24.gal 20/04/2023 13:17

Os socios de Goberno non ocultan a división que provoca a reforma da lei do 'só si é si'. Félix Bolaños xustifica a modificación polo clamor da sociedade. Dende o Ministerio de Igualdade falan de paso atrás nos dereitos da muller.

O PSOE, asegura Bolaños, atende o clamor dunha sociedade que rexeitaba a lei polos efectos indesexados, as rebaixas das penas. E iso, segundo o ministro da Presidencia, xustifica o cambio de maioría no Congreso.

Non semellan ter a mesma percepción no socio de Goberno. Victoria Rosell, delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, participaba onte nunha concentración contra a reforma. A mesma Rosell recoñecía que, durante a elaboración da lei, o Ministerio de Igualdade xa sabía que podía dar lugar á rebaixa de penas.

Rosell entende que o Goberno do que ela forma parte dá un paso atrás que a sociedade española tardará máis dunha década en recuperar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade