Publicador de contidos
Publicador de contidos

Varias cidades ucraínas amencen con novos bombardeos

Varias cidades ucraínas amencen con novos bombardeos

Acusan a Irán de incumprir os embargos da ONU por mandarlle drons a Rusia

Grande intercambio de prisioneiros, con máis de 200 persoas liberadas

Ucraína fai presión en Khersón

 

G24.gal 18/10/2022 08:14 Última actualización 18/10/2022 12:00

Unha noite máis, os veciños de varias cidades ucraínas espertaron co son das alarmas antiaéreas. Tamén en Kíiv,

As autoridades de Kíev denunciaron esta mañá novos ataques con drons kamikaze, mentres que un mísil impactou contra un almacén. Segundo as autoridades locais o bombardeo deixou dous mortos e un ferido.

A capital aínda se recuperaba do ataque con drons do luns en que morreron cinco persoas. A quinta das vítimas aínda foi atopada este martes entre os cascallos.

Infraestruturas básicas afectadas

Este novo ataque contra Kíiv afectou unha instalación eléctrica e, segundo o xornal Ukrainskaya Pravda, algúns sectores da capital quedaron sen subministración eléctrica.

Kíiv volveu ser obxecto de bombardeos este martes Kíiv volveu ser obxecto de bombardeos este martes

Tamén se rexistraron ataques rusos noutros lugares de Ucraína, como en Zhitómir, Mykolaiv, Zaporijia, Khárkov, Krivói Rog e Dnipró, no sur e este do país.

En Zhitómir non hai auga nin electricidade tras os ataques, segundo o seu alcalde.

Irán, sinalado como colaborador de Rusia

O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, di que destruíron 37 artefactos en doce horas e pide a Occidente sistemas de defensa modernos. 

Esta tamén foi noite de protestas en Kíiv, ante a embaixada de Irán, país acusado de prover os drons a Rusia. O Goberno iraniano nega que enviase o armamento. Os Estados Unidos din que o réxime de Teherán incumpriu as resolucións das Nacións Unidas.

Protesta ante a embaixada de Irán en Kíiv, a quen acusan de subministrar drons a Rusia Protesta ante a embaixada de Irán en Kíiv, a quen acusan de subministrar drons a Rusia

Ucraína mira agora cara á fronteira con Belarús; tropas rusas están a adestrar alí, oficialmente anunciaron a chegada de nove mil soldados.

Xa no campo de batalla, o exército ucraíno segue coa súa contraofensiva en Khersón e preme cara a Crimea. Moscova reponde en Donetsk e está pendente doutro enclave, Svatove.

Intercambio de prisioneiros entre Rusia e Ucraína Intercambio de prisioneiros entre Rusia e Ucraína

O luns materializouse en Zaporijia un grande intercambio de prisioneiros de guerra. Ucraína liberou 110 persoas, a maioría mariñeiros da mercante, pero tamén soldados separatistas de unidades militares do Donbás. Rusia entregou 108 mulleres, delas, 37 foran capturadas tras a rendición de Azovstal, en Mariupol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade