Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bombeiros de toda Galicia realizan un curso de liberación na Estrada

Bombeiros de toda Galicia realizan un curso de liberación na Estrada

"Axuda a prepararte para moitas situacións e casuísticas", apunta unha bombeiro que participa no curso

O curso ten unha duración de 25 horas e utilízanse múltiples coches en distintas posicións

G24.gal 16/05/2024 14:16

Para aprenderen a liberar vítimas de accidentes, bombeiros de toda Galicia están estes días facendo un curso na Academia de Seguridade Pública, na Estrada. Hoxe, simularon un accidente dun coche contra unha árbore cun boneco atrapado.

Son 20 bombeiros de toda Galicia. Simulan que un coche tivo un accidente e que acabou co teito contra unha árbore. Dentro, unha persoa atrapada, polo que os bombeiros teñen que retirar os cristais e os ferros e sacar nunha padiola a persoa ferida, sen magoala.

Unha das actividades que formaban parte do adestramento de hoxe consistía en realizar unha retirada parcial do teito co obxectivo de sacar a persoa atrapada pola parte de atrás do coche. Para Pablo Oubiña, cabo do Consorcio de Bombeiros de Pontevedra, trátase dunha operación moi complicada xa que fixeron "un envorco lateral cunha persoa atrapada no asento, por debaixo do vehículo".

O adestramento, con varios coches en diferentes posicións, é de 25 horas neste curso. Aínda que a maioría do alumnado xa ten experiencia en accidentes, sempre hai cousas que aprender e mellorar. "Serve como refresco para aqueles que levan moitos anos e axuda á especialización e á aprendizaxe de novas técnicas", sinala Oubiña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade