Bombeiros españois especialistas en rescate traballan nas aldeas do Atlas
Bombeiros españois especialistas en rescate traballan nas aldeas do Atlas
As 72 primeiras horas son cruciais para atopar persoas con vida
Os bombeiros españois desprazados ao sur de Marrocos comezaron este domingo a buscar persoas atrapadas nas aldeas do Atlas afectadas polo terremoto. Pertencen á ONG Bombeiros Sen Fronteiras e a súa prioridade é buscar zonas onde hai desaparecidos.
E mentres os primeiros voluntarios traballan sobre o terreo, outro continxente do grupo especializado en localización e rescate da provincia de Cádiz viaxa en transbordador dende Alxeciras a Tánxer.
A dotación está composta por seis bombeiros e cinco cans adestrados para a busca de persoas entre os entullos. Con anos de experiencia noutros terremotos similares, saben que as 72 primeiras horas son cruciais para encontrar persoas con vida.