Publicador de contidos
Publicador de contidos

Boris Johnson desculparase no Parlamento por participar nas festas de Downing Street

Boris Johnson desculparase no Parlamento por participar nas festas de Downing Street

Johnson reiterará a súa decisión de seguir liderando o Executivo para afrontar os problemas actuais, como a guerra de Ucraína ou a elevada inflación interna

G24.gal 19/04/2022 08:30

O primeiro ministro británico Boris Johnson ten previsto comparecer este martes no Parlamento para desculparse diante dos cidadáns pola súa participación nas festas celebradas en Downing Street durante a pandemia.

Segundo un xornal local, o líder conservador, que foi multado pola policía por violar as restricións anticovid–19, argumentará que non enganou conscientemente os deputados ao negar primeiro as festas e despois que quebrantasen as normas.

Johnson reiterará a súa decisión de seguir presidindo o Executivo para afrontar os problemas actuais, como a guerra de Ucraína ou a elevada inflación interna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade