Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bóveda recupérase dunha xornada xélida

Bóveda recupérase dunha xornada xélida

O mercurios case non subiron dos cero graos en toda a xornada do martes

Ao frío sumóuselle a intensa néboa

G24.gal 20/12/2023 14:35

O tempo ten en alerta os veciños de Bóveda, despois dunha xornada xélida.

"Un frío terrible, eu nunca pasei tanto frío, e eso que ía ben abrigado".

Foi o único concello galego onde os mercurios non conseguiron superar os cero graos durante toda a xornada do martes.

"Onte facía un frío que nin os cans paraban. Onte facía moito moito frío".

E mentres uns o asumen con normalidade...

"Hai que abrigarse, non toca outra".

... outros ansían xa o sol.

"É horrible isto, que ganas de que volva o verán outra vez".

Quéixanse tamén doutros factores.

"Ao frío súmaselle a néboa e aínda é peor esa sensación de humidade contínua".

As rúas da vila quedaron desertas.

"Non sae moito a xente con este frío".

E foron moi poucos os que se atreveron a saír.

"Non daban ganas de saír. No noso centro si saíron unha ou dúas persoas foi de casualidade".

Pero tras a tormenta chegou a calma. 

"Empezou a chover e queiras que non as temperaturaz comezan a subir e bueno, mellorou bastante o tema".

O tempo dá agora un lixeiro respiro e volveron, cando menos, os valores positivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade