Publicador de contidos

Publicador de contidos

Breogán e Obradoiro queren rencontrarse coa vitoria esta xornada

Breogán e Obradoiro queren rencontrarse coa vitoria esta xornada

G24.gal 22/10/2022 13:21

O calendario dálle a oportunidade ao Río Breogán de redimirse diante dos seus só seis días despois dun dos peores partidos. Pasou o Gran Canaria como un furacán e agora chega un Bilbao Basket que porá a proba a capacidade de reacción celeste.

"Hai que mellorar, sobre todo en ataque. Estou convencido de que imos mellorar, pero tamén hai un adversario no campo", advirte o adestrador Veljko Mrsic.

E o adversario, o Bilbao, perdeu a pasada fin de semana en Granada. É a súa única derrota en seis partidos de liga e competición europea, Os precedentes diante dos homes de negro non son bos. Catro reveses nas últimas catro citas. O Breogán recupera efectivos e con eles o optimismo.

Iso será hoxe. Mañá, o Obradoiro busca o mesmo, o terceiro triunfo. Será na casa, onde aínda non deu opción aos rivais. O Valencia Basket de Alex Mumbrú porá a proba a regularidade que esixe Moncho Fernández: "Temos que ser quen de ter un bo día atrás, como xa os tivemos na Liga", indica o adestrador.

Os laranxas chegan con dúbidas na ACB, con dúas derrotas seguidas,  e con baixas. Porén, viviu unha boa semana na Euroliga con dúas actuacións convincentes, con triunfo incluído na pista do campión Efes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade