Clientes dunha discoteca da Coruña inician unha pelexa nun reservado e baten nun traballador
Clientes dunha discoteca da Coruña inician unha pelexa nun reservado e baten nun traballador
Non houbo detencións e, polo momento, non interpuxo ninguén denuncia
Varios clientes dunha zona privada da discoteca Amura dos Cantóns Village emprendérona a golpes cun dos traballadores de seguridade do local, que viste un suadoiro negro, segundo se pode ver nas imaxes. Tras varios puñazos na cabeza e noutras partes do corpo, tírano ao chan, onde lle seguen propinando patadas.
Nun momento dado, o porteiro logra zafarse, poñerse en pé e devolve algún golpe a varios dos seus agresores. Nas imaxes tamén ser ven varias mulleres berrando e xesticulando, intentando, sen éxito, parar a pelexa.
Fontes da Policía Nacional informaron de que un vehículo Zeta se achegou ata a discoteca Amura, do Grupo Pelícano. Alí, os axentes identificaron varias persoas, pero non prenderon ningunha delas. Polo momento, tampouco hai denuncias.