Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas ameaza con suspender TikTok Lite a partir do xoves

Bruxelas ameaza con suspender TikTok Lite a partir do xoves

Considérao "tóxico" e "especialmente adictivo para os nenos"

Trátase dun programa que premia os usuarios por ver vídeos

G24.gal 22/04/2024 17:01 Última actualización 22/04/2024 17:28

A Comisión Europea ameazou este luns con suspender a partir do próximo xoves TikTok Lite, a aplicación que lanzou en España e Francia, por considerar que "é tóxico e aditivo, especialmente para os nenos".

"A menos que TikTok proporcione probas convincentes de seguridade, o que non fixo ata o de agora, estamos dispostos a activar as medidas provisionais da lei de servizos dixitais, incluída a suspensión do programa de recompensas TikTok Lite", dixo o comisario europeo de Mercado Interior, Thierry Breton, nunha mensaxe na rede social X. 

Breton advertiu de que a compañía aínda podería presentar "probas convincentes de seguridade" da nova 'app' para evitar no último momento a suspensión, pero deixou claro que non confía niso porque "non o fixeron ata o de agora".

"Estamos dispostos a activar as medidas provisionais da Lei de Servizos Dixitais, incluída a suspensión de programa de recompensas", remachou o comisario encargado de Telecomunicacións. O anuncio coincide ademais coa apertura por parte do Executivo comunitario dun expediente sancionador contra TikTok por non responder en prazo ao requirimento de información remitido a semana pasada pola Comisión Europea, que lle deu 24 horas para presentar a avaliación de risco á que están obrigadas todas as grandes plataformas antes de poñer en marcha un novo programa no mercado comunitario.

Fontes comunitarias apuntan que é o primeiro expediente destas características incoado desde que entraron en vigor as novas regras da UE para o sector dixital e explican que se debe a que é a primeira vez en que unha gran plataforma non responde de ningunha maneira ao requirimento de información.

En concreto, Bruxelas investiga se a compañía chinesa está a cumprir coas súas obrigacións de transparencia e protección do menor no desenvolvemento da nova aplicación, TikTok Lite, en principio dirixida só a maiores de idade.

Trátase dun programa que permite aos usuarios acumular puntos descubrindo contido novo ou realizando determinadas accións e que despois poderán trocar por bonos regalo para gastar noutras plataformas de compra como Amazon ou vía PayPal, así como para premiar a creadores en TikTok.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade