Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas dá a España dous meses máis para avaliar o cuarto pago de fondos europeos

Bruxelas dá a España dous meses máis para avaliar o cuarto pago de fondos europeos

O ministro de Economía, Carlos Cuerpo, cre que é "aconsellable ter máis tempo para asegurar a solidez da avaliación" polo elevado número de fitos e obxectivos que de deben cumprir

O comisario de Economía, Paolo Gentiloni, cualificou de "algo normal" a ampliación do prazo e destacou que a implantación do plan por parte de España foi "impresionante"

O ministro de Economía, Carlos Cuerpo, e o comisario Paolo Gentiloni (EuropaPress/Alberto Ortega)
G24.gal 14/03/2024 16:26 Última actualización 14/03/2024 21:45

O ministro de Economía, Carlos Cuerpo, anunciou este xoves que a Comisión Europea amplía en dous meses o prazo de avaliación para realizar o cuarto desembolso do Plan de Recuperación e Resiliencia por importe de 10.021 millóns de euros e vinculados ao cumprimento de 61 fitos e obxectivos.

Así o indicou Cuerpo este xoves durante unha conferencia de prensa xunto ao comisario de Economía, Paolo Gentiloni, con motivo da celebración dunha xornada sobre os fondos europeos organizada pola CE, onde recoñeceu que é "aconsellable ter máis tempo para asegurar a solidez da avaliación".

O ministro comentou que esta ampliación de prazo é algo que tamén ocorreu noutros países como Italia ou Alemaña, e asegurou que en paralelo trabállase e avánzase xa no cumprimento de fitos e obxectivos vinculados ao quinto e sexto desembolso.

Preguntado pola reforma de subsidios, que está vinculada a ese cuarto pago, fixo fincapé en que se está avanzando "de maneira substantiva" para "ser capaces de sacala canto antes". "Esperamos telo a tempo", sentenciou.

O ministro referiuse ao elevado volume de fitos e obxectivos vinculados a esta avaliación e explicou que no caso daqueles que teñen que ver con redes de transporte, por exemplo, tentouse "reducir a carga administrativa" cambiando a forma de medilos.

Así, os fitos van medir en numero de contratos adxudicados para que sexa mais fácil certificar o seu cumprimento, segundo detallou.

Pola súa banda, Gentiloni cualificou de "algo normal" e "habitual" a ampliación dos prazos de avaliación na implantación dos plans e dixo que "se tomou decisións similares por parte doutros países".

Ao seu xuízo, o importante é manter ese empuxe e continuar co esforzo para avanzar nos requisitos, e remarcou que a implantación do plan por parte de España foi "impresionante".

Cuerpo detallou que 32.500 millóns de euros do Plan de Recuperación xa chegaran á economía real a finais de febreiro, o 47 % dos fondos asignados a España na primeira fase.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade