Bruxelas descarta a compra conxunta de gas nas escaladas de prezos como a actual
Bruxelas descarta a compra conxunta de gas nas escaladas de prezos como a actual
A UE quere fomentar os gases renovables e o hidróxeno canda animar á captura de CO2
Primeira proposta lexisislativa europea para regular as emisións de metano
Os países da Unión Europea poderán facer compras conxuntas de gas só en situacións de emerxencia por escaseza pero non en momentos alcistas de prezos como o que se vive actualmente.
Con esta decisión, Bruxelas rexeita o pedimento de España e doutros países como Francia para centralizar as compras como resposta á alza dos prezos enerxéticos dos últimos meses.
A Comisión Europea suxire reforzar o almacenamento de gas a escala europea cun enfoque máis estratéxico, como avaliar de xeito continuo as reservas e identificar riscos.
A UE quere fomentar así a entrada de gases renovables fronte aos que proceden de combustibles fósis e tamén, impulsar un mercado específico para o hidróxeno.
Dentro do paquete está a primeira proposta lexislativa europea para reducir as emisións de metano prohibindo a queima e a ventilación do gas e obrigando ás empresas gasísticas a controlar as súas emisións.
Por último, a UE presentou a folla de ruta para impulsar a captura de CO2 entre os países membros e para descarbonizar os edificios.