Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas investiga a compra de Air Europa por problemas de competencia

Bruxelas investiga a compra de Air Europa por problemas de competencia

Cren que a operación podería reducir a competencia en rutas tanto dentro como fóra de España

G24.gal 24/01/2024 19:10

 A Comisión Europea anunciou este mércores a apertura dunha investigación en profundidade sobre a compra de Air Europa por parte do grupo IAG, ao que pertence Iberia, ante a sospeita de que a operación podería reducir a competencia en varias rutas de curta e longa distancia tanto dentro como fóra de España.

"Queremos asegurarnos de que a operación non afecte negativamente os prezos ou a calidade dos servizos de transporte aéreo de pasaxeiros dentro e fóra de España", explicou nun comunicado a vicepresidenta do Executivo comunitario responsable de Competencia, Margrethe Vestager.

O departamento que dirixe a danesa dispón agora de 90 días laborables, ata o 7 de xuño, para emitir un ditame, aínda que este prazo pode ser ampliado.

Bruxelas subliña que IAG e Air Europa son competidores "potentes e próximos" e sospeita que a fusión reduciría a competencia en rutas nacionais españolas, especialmente naquelas "onde o tren de alta velocidade non ofrece unha alternativa", así como nas rutas entre a península e Baleares e as Canarias.

Tamén cre que podería afectar a rutas de curta distancia que conectan Madrid con algunhas das "principais" cidades europeas, Israel, Marrocos, o Reino Unido ou Suíza, posto que as dúas aeroliñas "ofrecen unha conexión directa".

Así mesmo, as autoridades comunitarias ven potenciais problemas en rutas de longa distancia entre Madrid e América do Norte e do Sur.

Segundo intento

Con esta operación, IAG pretende adquirir o 80% do capital de Air Europa que aínda non controla por 400 millóns.

A operación foi notificada oficialmente ás autoridades europeas o pasado 11 de decembro. Trátase do segundo intento para obter luz verde da Comisión despois que abandonaran o seu primeiro acordo en 2021.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade