Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas propón eliminar o gasóleo nos barcos, pero non contempla axudas

Bruxelas propón eliminar o gasóleo nos barcos, pero non contempla axudas

 O obxectivo é acabar cos combustibles fósiles de aquí a 2050

 O sector pesqueiro di que non pode asumir os custos da transición enerxética dos buques

G24.gal 07/12/2022 14:32

A implantación de enerxías renovables a bordo suporá incorporar nova tecnoloxía, cambiar os motores e construír novos buques, uns custos que para os armadores son inasumibles. 

A Comisión Europea traballa na folla de ruta para  eliminar o gasóleo nos barcos, pero non contempla axudas para o sector. O propio fondo europeo de pesca prohibe as subvencións para a construción de buques de máis de 24 metros de eslora e para o cambio de motores. Ante esta limitación o sector pide que se activen mecanismos de axuda. 

Apoian a iniciativa de Bruxelas pero cren que o camiño será longo. 

Os armadores salientan ademais que as emisións de gases contaminantes nos buques pesqueiros son moi pequenas en comparación con outro tipo de barcos como os portacontedores e os petroleiros.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade