Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan a arma homicida, unha das claves para resolver o presunto parricidio de Muros

Buscan a arma homicida, unha das claves para resolver o presunto parricidio de Muros

O presunto parricida permanece nos calabozos de Boiro, á espera de ser trasladado a Muros para prestar declaración
G24.gal 24/04/2023 13:37

Ás portas do Xulgado de Instrución número 1 de Muros medraba a expectación a medida que avanzou a mañá, á espera da chegada do presunto parricida que ao longo do día debe prestar declaración diante do maxistrado que leva o caso, e que hai dous meses que ocupa o posto.

Mentres, prosegue a investigación para aclarar as cincunstancias do crime que se produciu nesta vivenda de Esteiro na noite do venres. Segundo fontes da investigación, o mozo de 19 anos segue sen recoñecer a autoría dos feitos e mantén a versión de que foron uns descoñecidos os que entraron no domicilio de seu pai e o mataron.

Para esclarecer o crime é fundamental o resultado da autopsia e localizar a arma homicida, supostamente un machete que aínda non apareceu.

A hipótese barallada polos investigadores é que o mozo, de 19 anos e con problemas de drogadicción, matou o pai atacándoo polas costas e asestándolle golpes mortais cun machete na cabeza. Está por determinar tamén o móbil do crime.

O que si transcenderon foron varios vídeos publicados polo presunto parricida en redes sociais en que alardea do consumo de drogas e profire ameazas contra alguén portando armas.

A vítima, de 59 anos, era moi coñecido na vila pola súa dilatada traxectoria no sector da hostalería. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade