Buscan o condutor que fuxiu tras atropelar un peón en Lalín
Buscan o condutor que fuxiu tras atropelar un peón en Lalín
O home fuxiu cando outro condutor dixo de chamar a policía e ambulancia
Enfróntase a unha pena que pode ir dos 3 meses de multa aos 4 anos de cadea por omisión de socorro
O atropelo tivo lugar contra a unha da madrugada do luns no paso de peóns de rúa Ramón Aller. A vítima, un traballador dun establecemento hostaleiro próximo, cruzaba cara aos colectores do lixo situados a escasos metros cando foi atropelado.
Lonxe de prestar axuda, e coa vítima no chan, o condutor recriminoulle que co impacto lle tirara as caixas enriba do coche. Foi nese momento cando outro condutor parou para axudar.
Sorprendido pola reacción, apenas lle deu tempo de fixarse no vehículo. Á pregunta de por que marchou, dixo que se puxo nervioso.
Tras ser atendido no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, a vítima recupérase na casa dun esmagamento de vértebra, unha lesión dunha man e magoaduras.
Ademais de facerse cargo dos danos, o condutor enfróntase a unha pena que pode ir dos 3 meses de multa aos 4 anos de cadea por omisión de socorro.