Segue a busca por terra e aire do crego desaparecido en Vigo
Segue a busca por terra e aire do crego desaparecido en Vigo
Non volveu cear este luns á residencia sacerdotal en que vivía
Seguen buscando na área de Vigo o sacerdote xubilado, Ignacio Barrio que non volveu cear este luns á residencia sacerdotal do monte da Guía en Teis onde residía este luns.
A Barrio gustáballe dar longos paseos por zonas próximas á súa residencia. Búscano pola Senda da Auga ou na Vía Verde. Vírono pola zona de Chapela o martes pola mañá, nesa zona tamén daba sinal o seu móbil.
Ten 85 anos e os seus últimos destinos foron as parroquias de Cans e de Atios no Porriño onde gardan moi bo recordo del.
O operativo de busca está coordenado pola Policía Nacional e está integrado pola Unidade de Acción e Prevención, os UPRs, os Radiopatrullas, a Brigada de Seguridade Cidadá, o dron da Policía e compleméntase co apoio da Policía Local e da Policía Xudicial de Redondela.
Este sacerdote ten un principio de alzhéimer, pero ata o momento da súa desaparición valíase ben nos seus longos paseos diarios. A boa climatoloxía destes días e o festivo de mañá poderían favorecer o seu achado.
Na Residencia Sacerdotal de Tui viven preto de 30 cregos de toda a diocese, non todos son maiores nin dependentes; por iso a maioría deles poden entrar e saír cando queren que é o caso do desaparecido.