Buscan en Foz un ancián de 87 anos que non volveu á casa despois de saír pasear
Buscan en Foz un ancián de 87 anos que non volveu á casa despois de saír pasear
A procura, iniciada no lugar de Vilachá, estendeuse por terra, mar e aire
Participan diversas embarcacións, varios cans de rastrexo e un helicóptero
Dende primeira hora, retomáronse os labores de busca dun home de 87 anos desaparecido en Cangas de Foz.
No dispositivo, coordinado pola Garda Civil, participan efectivos da Policía Local, do GES de Cervo e dos cans de Salvamento, que estiveron a rastrexar a zona pola liña de costa. Tamén polo mar, con varias embarcacións, e incluso por aire, cun helicóptero da benemérita.
Carlos Fernández, capitán da Garda Civil de Burela: "Vén de camiño un helicóptero da Garda Civil e temos tamén os cans de busca de persoas da Axega. Procuramos na contorna da residencia do desaparecido, por toda a localidade de Cangas de Foz".
Alejandro Barreiro, responsable da unidade de cans de Salvamento de Galicia: "Como a persoa desapareceu onte e xa van 24 horas, imos bater zonas para comprobar se puido caer".
O octoxenario en paradoiro descoñecido, chamado Ángel e natural de Madrid, reside no lugar de Vilachá. Ao carón da súa casa pasa a liña do FEVE, que foi revisada dende un primeiro momento tamén polos veciños.
O desaparecido, do que non se coñece doenza ningunha, non leva nin documentación nin móbil.