Buscan en Galicia aos herdeiros dunha muller falecida en Barcelona que non fixo testamento
Buscan en Galicia aos herdeiros dunha muller falecida en Barcelona que non fixo testamento
Segundo datos do Colexio Xeral do Notariado, preto dun dez por cento das herdanzas en España quedan sen dono
Buscan en Galicia os posibles herdeiros dunha muller que faleceu en Barcelona sen deixar feito o testamento. A Administración catalá quere saber se a muller ten descendentes que poidan repartir as súas propiedades antes de pasar a mans do Estado. Segundo datos do Colexio Xeral do Notariado, preto dun dez por cento das herdanzas en España quedan sen dono.
Cando unha persoa falece sen deixar testamento, o que ten lugar é unha sucesión intestada.
Entón o Código Civil e tamén as normativas galega e catalá establecen cales son as persoas que teñen que herdar en primeiro lugar, e así sucesivamente. Ademais de facilitarlles os trámites, tamén lles estaremos aforrando cartos.
Un testamento pode custar 50 ou 60 euros e unha declaración de herdeiros ante notario pode chegar aos 200, e ademais tamén están os tempos de espera. E, o máis importante, saber que o testamento pode modificarse tantas veces como se queira.