Publicador de contidos
Publicador de contidos

Declarado morto, reclamada a herdanza ao volver de Venezuela quince anos despois

Declarado morto, reclamada a herdanza ao volver de Venezuela quince anos despois

A muller e dúas fillas volveron á súa casa en Portugal e tramitaron a morte do home

G24.gal 05/06/2023 09:36

Un home portugués que declararan morto hai máis de vinte anos reapareceu agora para evitar que a súa exmuller e as súas fillas lle quedasen co patrimonio.

Un home que vive en Venezuela e que fora declarado "presuntamente morto", acaba de ganar no Tribunal Supremo de Portugal un caso contra a súa exmuller e as súas fillas, que acababan de dividir o seu patrimonio.

A historia remítese á década dos 70, cando a parella casou e emigrou a Venezuela, onde tiveron dúas fillas. O home quedou alí, pero as tres mulleres regresaron a Portugal e, no ano 99, conseguiron declarar a morte do pai.

As autoridades aceptárona, recoñecendo tamén o dereito á herdanza. Quince anos despois, cando o home regresou, a familia dicía non recoñecelo, malia que distintas testemuñas si confirmaban a súa identidade.

Así, tivo que "resucitar burocraticamente", comezando un proceso con varios recursos que acaban de rematar no Tribunal Supremo, que recoñece o seu patrimonio inmobiliario.

Unha das pezas chave foi a negativa das fillas a facer un test de ADN, que probaría a relación de parentesco. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade