Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan un home de 83 anos que desapareceu no Vicedo tras saír a pescar

Buscan un home de 83 anos que desapareceu no Vicedo tras saír a pescar

O dispositivo de busca, por terra e mar, activouse despois de que o ancián saíra de madrugada a pescar camaróns e non regresase

Panorámica da praia de Caolín, no Vicedo (Turismo de Galicia) Panorámica da praia de Caolín, no Vicedo (Turismo de Galicia)
G24.gal 07/09/2023 10:31 Última actualización 07/09/2023 12:57

Os servizos de emerxencias buscan desde a pasada madrugada un home de 83 anos que non regresou á casa despois de saír a pescar camaróns nunha praia do Vicedo.

Segundo a información facilitada pola Garda Civil, a alarma saltou ao redor das 02:20 horas da pasada madrugada, cando o octoxenario, que saíra a pescar camaróns fronte á praia de Caolín, na parroquia de Suegos, non regresou á casa.

De inmediato, segundo as mesmas fontes, púxose en marcha un dispositivo de procura, coordinado pola Garda Civil, e os Bombeiros peitearon unha zona de difícil acceso nesa área da costa do Vicedo.

Tamén se solicitou a intervención de Salvamento Marítimo e foi mobilizado o helicóptero Pesca 2, con base en Celeiro, que se sumou á procura desde o aire. De momento, a busca non deu resultado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade