Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre o fotógrafo submarino José Luis González nun accidente de mergullo en Moaña

Morre o fotógrafo submarino José Luis González nun accidente de mergullo en Moaña

Era un recoñecido fotógrafo acuático, que dirixía a Semana do Cine Submarino de Vigo

Un compañeiro que estaba canda el avisou da súa falta este sábado pola tarde

Operativo de busca do mergullador en Moaña
G24.gal 20/05/2023 19:56 Última actualización 20/05/2023 20:58

Os servizos de emerxencia atoparon o cadáver dun mergullador experimentado que desaparecera na ría de Vigo este sábado mentres realizaba actividades de submarinismo fronte á costa do municipio pontevedrés de Moaña.

Trátase do fotógrafo submarino José Luís González de 68 anos, que morreu nun aparente accidente na auga que investiga a Garda Civil.

Segundo fontes do 112, foi un compañeiro o que deu a voz de alarma sobre as 17:30 tras varias horas sen ter noticias del.

Na súa comunicación, indicaba que ambos saíran nunha embarcación para realizar actividades de submarinismo fronte á costa de Moaña, nas proximidades da depuradora municipal.

Con esta información, os xestores do 112 deron aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou a embarcación Salvamar Mirach, ao Servizo de Gardacostas, que enviou o helicóptero Pesca 1, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil.

O corpo apareceu aboiando na zona do Latón nas proximidades da depuradora de Meira. Un equipo de mergullo privado foi o que localizou o cadáver de González e a Garda Civil trata de determinar as causas do sucedido. O falecido era un coñecido fotógrafo acuático que dirixía, ademais, a Semana do Cine Submarino de Vigo, que este ano chega á súa terceira edición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade