Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan un home desaparecido en Gondomar desde o pasado domingo

Buscan un home desaparecido en Gondomar desde o pasado domingo

Viaxou a Madrid e ao voltar contactou coa súa familia, pero os seus achegados deron a alerta ao non localizalo

G24.gal 10/07/2024 13:24 Última actualización 10/07/2024 20:17

A Garda Civil despregou un dispositivo de busca dun veciño de Gondomar (Pontevedra), Valentín Breda Fernández, de 42 anos, que permanece en paradoiro descoñecido desde o pasado domingo.

Fontes da Comandancia de Pontevedra confirmaron que existe unha denuncia pola desaparición deste home, de 1,80 m. de altura, complexión delgada, pelo e ollos escuros.

Na súa procura están a participar efectivos do Seprona, Policía Local de Gondomar e Protección Civil, un equipo de drons e un helicóptero da Garda Civil.

Sergio Rocha Cividanes, presidente de protección civil de Val Viñor indicou que están a realizar "unha batida desde Mañufe ata a zona de Vilariño". 

Se alguén o ve, pode contactar no teléfono de SOS Desaparecidos: 649952957.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade