Publicador de contidos
Publicador de contidos

Salvamento Marítimo manterá esta noite a busca do mariñeiro desaparecido en Cantabria

Salvamento Marítimo manterá esta noite a busca do mariñeiro desaparecido en Cantabria

O barco en que traballaba é o pesqueiro de Camariñas Novo Xoel

O desaparecido, de nacionalidade peruana, reside na Coruña

G24.gal 25/04/2023 10:29 Última actualización 25/04/2023 21:15

Equipos do servizo de Salvamento Marítimo buscan un mariñeiro peruano caído ao mar desde o barco en que traballaba na costeira do bocarte. O pesqueiro galego é o Novo Xoel, e o accidente acontecía a unhas cinco millas ao norte de San Vicente de la Barquera, en Cantabria.

Segundo informaron deste organismo dependente do Ministerio de Transportes, ás 7:40 horas recibiu da radio do pesqueiro a alerta de que un tripulante caera ao mar, ao parecer foi durante a manobra de largar o aparello.

Dende a Federación de Confrarías de Pescadores de Cantabria apuntan que o pescador puido ser arrastrado pola rede e caer ao mar. Levaba un chaleco salvavidas e roupa de auga.

Xa no peirao os mergulladores da Garda Civil accederon aos baixos do pesqueiro, atoparon a rede pero ao mariñeiro non.

Salvamento Marítimo alertou a todos os medios dispoñibles, incluídos o Salvamar Deneb, o Alonso de Chaves e o Helimer 202. A Garda Civil enviou á zona a dúas patrulleiras e o Instituto Social da Mariña mandou ao Esperanza do Mar.  Nestes momentos continúa a cerqueiros. Na tarefa colaboran outros cerqueiros da Costa da Morte, entre eles nove pesqueiros con base en Camariñas, que estes días participan na campaña do bocarte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade