Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan un pescador desaparecido desde a noite do luns en Boiro

Buscan un pescador desaparecido desde a noite do luns en Boiro

Participan na busca voluntarios de Protección Civil xunto a axentes da Garda Civil

O helicóptero de apoio non puido voar na mañá do martes polo mal tempo

Imaxe de arquivo da praia de Mañóns, en Abanqueiro (Turismo de Galicia)
G24.gal 01/10/2024 15:58 Última actualización 01/10/2024 22:09

A Garda Civil coordina o dispositivo de procura dun home que permanece desaparecido desde a noite do luns, cando saíu a pescar a unha praia de Boiro.

A esposa do desaparecido presentouse no cuartel do Instituto Armado na mañá deste martes despois de non ter noticias do seu marido durante toda a noite, segundo trasladou a Garda Civil.

A denuncia motivou a articulación dun dispositivo para dar co paradoiro do home, duns 70 anos de idade e que se dirixía a pescar na praia de Mañóns, en Abanqueiro.

No operativo participan voluntarios de Protección Civil xunto a axentes da Garda Civil, que mobilizou a membros do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas.

Tamén se solicitou a axuda dun helicóptero de apoio pero as malas condicións meteorolóxicas no norte da ría de Arousa impediron que tomase o voo pola mañá.

Espérase que a aeronave poida despegar para peitear a zona desde o aire durante a tarde do martes grazas á mellora da visibilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade