Publicador de contidos
Publicador de contidos

Caballero revalida a alcaldía de Vigo por quinto mandato consecutivo

Caballero revalida a alcaldía de Vigo por quinto mandato consecutivo

A líder da oposición, Marta Fernández Tapias, pediulle "exame de conciencia"

G24.gal 17/06/2023 12:46 Última actualización 17/06/2023 14:52

O socialista Abel Caballero foi proclamado este sábado oficialmente alcalde de Vigo por quinto mandato consecutivo tras revalidar nas últimas eleccións municipais un dos bastións máis sólidos do PSOE en España, cuns resultados "contundentes e inapelables".

O auditorio municipal acolleu o pleno de investidura da nova corporación local e o rexedor, ante unha grande expectación, comentou que tanto a cidade como a democracia falaron "e cando falan", o que toca é respectar ese ditame, dixo.

A líder da oposición, Marta Fernández Tapias, pediulle "exame de conciencia" porque o expresado é que o PSdeG continúe co bastón de mando, pero non exactamente co mesmo "xeito de gobernar".

Abel Caballero contou cos 19 votos do seu partido -perdeu un escano nos últimos comicios-, o PP ten 5 concelleiros e 3 o BNG.

"Honra infinita"

O rexedor considerou unha "honra infinita" a súa reelección, a maior que pode haber "nunha vida política", igual que ocorreu en 2007, 2011, 2015 e 2019.

Rememorou no seu discurso, ademais, que de neno era un "soño" estudar e vivir en Vigo e ese anhelo chegou a unhas dimensións coas que non contaba. "A vitoria da lista que encabecei foi excepcional", remarcou, para engadir que a cidade "camiña unida".

"Fomos capaces de facer fronte á pandemia unidos na cidade e conseguimos saír, remontar, recuperar a economía" e tirar cara adiante, expuxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade