Cargando resultados...
Cabo asalta a ACT cos seus equipos feminino e masculino
Cabo asalta a ACT cos seus equipos feminino e masculino
É o único galego capaz de meter dous botes na elite do remo, ao igual que Orio, Donostiarra e Hondarribia
G24.gal
30/06/2023 16:03
Só hai catro equipos na ACT que compiten con tripulación masculina e feminina. Orio, Donostiarra, Hondarribia e Cabo da Cruz, o club máis triunfador do remo galego nos últimos anos. Cabo ten novo adestrador, Diego Suárez.
Ten un bloque con moita experiencia. Esa veteranía de lobos de mar é a que lle vai faltar á traiñeira feminina.
Chega o debut do equipo feminino a mesma temporada na que o masculino fai unha década seguida na ACT, unha proeza que só comparten cinco clubs: Cabo, Urdaibai, Ziérbena, Hondarribia e Orio.