Publicador de contidos
Publicador de contidos

Urdaibai imponse nunha bandeira nefasta para Samertolameu e Cabo

Urdaibai imponse nunha bandeira nefasta para Samertolameu e Cabo

As embarcacións galegas rematan últimas en Orio

Cabo cae ata a sétima praza na xeral. Samertolameu pecha a clasificación 

G24.gal 16/07/2023 14:41

A quinta bandeira da liga ACT foi unha regata lenta e mala para as traiñeiras galegas. De inicio competiu Samertolameu, última de grupo cun tempo final de 21:35. A embarcación, penúltima en Orio, mantense á cola da xeral.

"Seguimos perdendo puntos. Agora toca revisar, analizar e corrixir. Hai que volver para a semana con ideas novas e intentar recortar puntos", explica Daniel Fernández ao remate da competición. 

Tampouco o tivo doado Cabo, que rexistrou os peores tempos da regata. A embarcación galega amosou dificultades nalgunha das viradas e custoulle manterse na competición. Cabo, que acabou última na regata e no grupo liderado con man de ferro por Lekitarra, baixa á sétima praza na xeral.

"As sensacións son pésimas. Non estivemos cómodos en ningún momento. pero temos que esquecernos disto e mirar para adiante", asegura Alfonso Díaz, remeiro de Cabo. 

Na terceira quenda remouse máis lixeiro. De aí saíu a vencedora da xornada. Urdaibai volveu gañar a bandeira de Orio dous anos despois cunha auténtica exhibición e doce segundos de vantaxe sobre Hondarribia, que malia todo segue mandando na competición.

Na liga feminina, Orio impúxose na casa e colleu a segunda vitoria da temporada. As galegas Cabo e Tirán fixeron os peores rexistros da regata e seguen pechando a clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos