Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hondarribia gaña a Bandeira de Bilbao e lidera a Liga Euskolabel

Hondarribia gaña a Bandeira de Bilbao e lidera a Liga Euskolabel

Cabo de Cruz rematou sexta e mantén a quinta praza da clasificación xeral. Tirán fixo o peor tempo da contra o reloxo

Arraun Lagunak obtivo en Bilbao a primeira vitoria da temporada na Liga Euskotren. Asinou o mellor tempo do campo de regatas en competición feminina

G24.gal 15/07/2023 21:17

Fin de semana de intensa actividade na liga ACT. Arraun Lagunak impúxose na quinta bandeira da Liga Euskotren en Bilbao. Trátase da segunda vitoria da traiñeira de Donostia, que cun tempo de 10:24 asinou o récord do campo de regatas en competición feminina, un rexistro que lle permite reter o primeiro posto na xeral con 29 puntos. 

As representantes galegas na liga, Cabo e Tirán, melloraron o seu rendemento. Cabo rematou sétima en Bilbao, a 24 segundos da primeira clasificada. Tirán pechou a regata cun tempo de 11:03, a 39 segundos de Arraun Lagunak. As dúas galegas cerran a xeral con nove e catro puntos respectivamente. 

Na liga masculina, Samertolameu abriu a súa quenda na contra o reloxo. A embarcación, que non volvera con malas sensacións de Ziérbena, parou o crono nos 20:29. Os galegos asinaron o peor tempo da regata e seguen pechando a clasificación xeral. 

Moita máis axustada foi a segunda quenda, a de Cabo. En menos dun segundo, remataron tres das embarcacións. Os de Diego Suárez asinaron un fantástico 19:43, a 94 centésimas de Donostiarra e a 92 de Orio. Cabo, sexto finalmente en Bilbao, mantén a quinta praza na xeral, con 28 puntos, a un de Donostiarra, cuarto clasificado.

A terceira quenda presentouse como un man a man entre Hondarribia e Ziérbena, a embarcación que adestra o galego Daniel Pérez. Pero foi finalmente Hondarribia quen rompeu de forma definitiva a regata para asinar a primeira vitoria da temporada cun tempo de 19:26, chegar aos 43 puntos e desprazar a Ziérbena do primeiro posto na xeral.

A competición trasládase agora a Orio, escenario en que se disputará o seguinte asalto da liga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos